
"Barrio Sésamo" faise maior. Os anos non pasan en balde e o entrañable programa infantil é xa un corentón. Foi o dez de novembro de 1969 cando personaxes como Epi, Blas e Triki coáronse por primeira vez nas casas dos norteamericanos a través da televisión. Oito anos despois, en 1977, chegaron á nosa televisión, nunha versión exclusiva para España con Espinete, a Galiña Caponata, Don Pimpón e Perezgil, o caracol.
Desde entón, varias xeracións medraron coas súas aventuras, as súas pegadizas cancións e os seus xogos. Barrio Sésamo abriu un novo horizonte televisivo, combinando cunha sinxela pero coidada mestría a educación e o entretemento.
Ao longo das 37 tempadas que a serie leva en antena, emitíronse un total de 4.135 episodios. Actualmente, Televisión Española ofrece o 'Xoga comigo, Sésamo', un novo formato cos mesmos contidos didácticos orixinais pero actualizados e adaptados aos novos tempos.
PLANO DA NOSA BIBLIOTECA
11/06/2009
40 ANOS CON BARRIO SÉSAMO
Publicado por
CPI Camiño de Santiago
en
21:00
Etiquetas: Celebracións
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)


0 comentarios:
Publicar un comentario