PLANO DA NOSA BIBLIOTECA

PLANO DA NOSA BIBLIOTECA
Mostrando entradas con la etiqueta Celebracións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Celebracións. Mostrar todas las entradas

5/04/2010

CENTENARIO LUIS SEOANE

Este curso co motivo do centenario do nacemento de Luís Seoane, son varias as actividades que se están a desenvolver co noso alumnado. Desde a biblioteca preparouse unha exposición con libros, todos eles, relacionados sobre o artista.



Polos corredores do centro hai exposicións feitas polos alumnos/as, sobre a súa vida e obra.

12/07/2009

A CONSTITUCIÓN

O venres pasado proxectamos esta presentación, co gallo do día da constitución.

c
View more presentations or Upload your own.

11/18/2009

ANO DA ASTRONOMÍA


Co gallo do ano da astronomía, fixemos unha exposición de libros, todos eles relacionados con está temática. Podemos atopar libros para todas as idades, desde infantil ata secundaria.







O alumnado da Eso está convidado a participar no concurso " Buscando reloxos de sol". Deixámosvos as bases do concurso, na seguinte imaxe. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR.

11/06/2009

40 ANOS CON BARRIO SÉSAMO


"Barrio Sésamo" faise maior. Os anos non pasan en balde e o entrañable programa infantil é xa un corentón. Foi o dez de novembro de 1969 cando personaxes como Epi, Blas e Triki coáronse por primeira vez nas casas dos norteamericanos a través da televisión. Oito anos despois, en 1977, chegaron á nosa televisión, nunha versión exclusiva para España con Espinete, a Galiña Caponata, Don Pimpón e Perezgil, o caracol.
Desde entón, varias xeracións medraron coas súas aventuras, as súas pegadizas cancións e os seus xogos. Barrio Sésamo abriu un novo horizonte televisivo, combinando cunha sinxela pero coidada mestría a educación e o entretemento.
Ao longo das 37 tempadas que a serie leva en antena, emitíronse un total de 4.135 episodios. Actualmente, Televisión Española ofrece o 'Xoga comigo, Sésamo', un novo formato cos mesmos contidos didácticos orixinais pero actualizados e adaptados aos novos tempos.

11/05/2009

ASTERIX E OBELIX


Asterix e Obelix cumpren 50 anos na súa aldea de irredutibles galos.
As novas aventuras de Asterix e do seu leal amigo Obelix cumpren as vodas de ouro en mellor forma que nunca coa aparición nas librarías de todo o mundo dunha nova odisea, que como as 33 predecesoras tamén será traducida en varias linguas e dialectos.