PLANO DA NOSA BIBLIOTECA

PLANO DA NOSA BIBLIOTECA

2/06/2010

ENTROIDO

Este ano a temática do noso entroido é " Os contos". Educación infantil irán do conto de "Peter Pan", 1º ciclo de E.P do conto de " Carapuchiña vermella", 2º ciclo de " Bruxas e Bruxos" e 3º ciclo de "Alibabá e os 40 ladróns".







1/28/2010

LIBROS PARA A PAZ

----------------

Preme na imaxe para acceder aos libros, que nos axudan a construir a paz.

1/19/2010

BUSCANDO A PAZ

12/16/2009

BOAS LECTURAS NESTE NADAL



Desde a nosa biblioteca escolar desexámosvos, BOAS LECTURAS NESTE NADAL.


FELICES FESTAS E FELIZ XACOBEO A TODOS OS NOSOS/AS LECTORES/AS.

12/07/2009

A CONSTITUCIÓN

O venres pasado proxectamos esta presentación, co gallo do día da constitución.

c
View more presentations or Upload your own.

11/18/2009

VISÍTANOS AVELINO POUSA ANTELO


Esta mañán vistou o noso centro, o escritor galego, Avelino Pousa Antelo. O alumnado de 3º e 4º da ESO reuníronse co escritor na sala de usos múltiples, para entrevistalo e para escoitar moitas das súas vivenzas.

ANO DA ASTRONOMÍA


Co gallo do ano da astronomía, fixemos unha exposición de libros, todos eles relacionados con está temática. Podemos atopar libros para todas as idades, desde infantil ata secundaria.







O alumnado da Eso está convidado a participar no concurso " Buscando reloxos de sol". Deixámosvos as bases do concurso, na seguinte imaxe. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR.

11/08/2009

O MAGOSTO

-------------------

----------------

POESÍAS, REFRÁNS, CANCIÓNS, ADIVIÑAS, RELACIONADAS CO OUTONO.

VEN ONDA NÓS O OUTONO
DACABALO DO AIRE;
NOS CAMIÑOS DA FRAGA
OS OURIZOS XA ABREN.
SÍNTOO CHEGAR CONTENTO
DA ETERNA VIAXE
ENREDANDO ENTRE AS FOLLAS,
ESTREANDO FRIAXE


Polo San Martiño
trompos ao camiño.
Polo San Amaro
trompos ao faiado.



ALTA ESTOU
LADRÓN VEXO VIR
DO MEU CARAPUCHO
NON PODO FUXIR.




Don carballo chora landras
na amencida.
E don Outono baballa
néboa fría.
Don Labrego, de sombreiro,
aplaude a don Castiñeiro
con variña de abelaira.
E don Ourizo da chaira,
como non se ten coa risa,
cáenlle dentes de castaña.




Chegou o tempo de Outono
Prás castañas varear¡
Chegou o tempo do sono
e a razón de sementar!



A CASTAÑA NO OURIZO
EU BEN SEI O QUE FAI:
CANDO ESTÁ VERDE ,MADURA.
CANDO ESTÁ MADURA,CAE.