PLANO DA NOSA BIBLIOTECA

PLANO DA NOSA BIBLIOTECA

10/26/2009

SAMAÍN


Nestes días do Samaín estamos a desenvolver varias actividades, todas elas relacionadas co medo.

Aquí temos algúns libros, moi apropiados para estas datas.



Non podemos esquecernos das poesías e adiviñas relacionadas co medo, para esta ocasión escollemos as da autora Carmen Gil.




Tamén visionamos este vídeo atopado en youtube coa canción de mamá cabra.


En toda celebración sempre ten que haber música, esta vez escollemos as cancións dos contos de "corre corre cabaciña, lobo feroz e o papón" da editorial OQO.



DÍA DA BIBLIOTECA

O venres co motivo do día da biblioteca, asistimos educación infantil e primeiro ciclo de primaria á casa da cultura, para ver unha función dos bolechas.



6/06/2009

LETRAS GALEGAS

Este ano decidimos investigar sobre a orixe das letras galegas e tamén, nos interesamos en coñecer cales foron os escritores/as homenaxeados. Coa información obtida elaboramos murais que logo, expusemos polos corredores.


5/16/2009

DÍA DO LIBRO

Co gallo do día do libro, organizouse unha exposición co tema "Diversidade do libro". Presentábanse libros de diversos materiais, tamaños, formas, linguas,...



5/12/2009

CANCION DA BIBLIOTECA


A autora Carmen Gil compuso e canta esta canción da biblioteca escolar.

5/10/2009

O ENTROIDO


Este ano o entroido adicámolo a "épocas da historia".Investigamos como vivían as xentes da idade media, os vikingos, os prehistóricos...e como colofón do noso proxecto, a festa do entroido, cada un dos grupos disfrazouse das personaxes de cada etapa histórica, estudada.







Aquí vos mostramos os nosos disfraces.












4/30/2009

DÍA DOS NAMORADOS


Cos libros da exposición "Namorados da lectura",vivimos un sentimento moi especial. Afondamos no amor e percibimos os latexos que cada un dos libros, nos transmitía.


Un dos libros máis emotivos para os pequenos/as foi " Porque te quero tanto".



Tamén fixemos folletos onde se explica o orixe do día dos namorados,...





4/29/2009

DÍA DA PAZ


Na semana da paz lemos moitos libros relacionados con esta temática. Moitos deles fixéronnos reflexionar sobre o mundo no que vivimos. Na entrada do centro colocouse unha exposición con estes libros e tamén un gran mural, no que quedaron reflexadas todas as mensaxes de paz, feitas polo alumnado. Estes son os libros que recomendamos para ler sobre este tema.

Estes son os contratos pola paz que fixemos, para que o noso alumnado cubrira e se comprometera a cumprir.

Os maiores fixeron un traballo documental sobre o panoráma bélico actual. O alumnado da ESO, tamén se interesou en investigar sobre os premios nóbel da paz.

Os máis peques decidimos agasallar con moitas apertas. aquí vos deixamos este vídeo con todas estas apertotas.