Na semana da paz lemos moitos libros relacionados con esta temática. Moitos deles fixéronnos reflexionar sobre o mundo no que vivimos. Na entrada do centro colocouse unha exposición con estes libros e tamén un gran mural, no que quedaron reflexadas todas as mensaxes de paz, feitas polo alumnado.
Estes son os libros que recomendamos para ler sobre este tema.
Os maiores fixeron un traballo documental sobre o panoráma bélico actual.
Os máis peques decidimos agasallar con moitas apertas. aquí vos deixamos este vídeo con todas estas apertotas.


0 comentarios:
Publicar un comentario