PLANO DA NOSA BIBLIOTECA

PLANO DA NOSA BIBLIOTECA

11/06/2009

COMO SE FAN OS LIBROS?

Con este vídeo de youtube podemos aprender como se fan os libros. Desexamos que vos guste.

11/05/2009

ASTERIX E OBELIX


Asterix e Obelix cumpren 50 anos na súa aldea de irredutibles galos.
As novas aventuras de Asterix e do seu leal amigo Obelix cumpren as vodas de ouro en mellor forma que nunca coa aparición nas librarías de todo o mundo dunha nova odisea, que como as 33 predecesoras tamén será traducida en varias linguas e dialectos.

10/26/2009

SAMAÍN


Nestes días do Samaín estamos a desenvolver varias actividades, todas elas relacionadas co medo.

Aquí temos algúns libros, moi apropiados para estas datas.



Non podemos esquecernos das poesías e adiviñas relacionadas co medo, para esta ocasión escollemos as da autora Carmen Gil.




Tamén visionamos este vídeo atopado en youtube coa canción de mamá cabra.


En toda celebración sempre ten que haber música, esta vez escollemos as cancións dos contos de "corre corre cabaciña, lobo feroz e o papón" da editorial OQO.



DÍA DA BIBLIOTECA

O venres co motivo do día da biblioteca, asistimos educación infantil e primeiro ciclo de primaria á casa da cultura, para ver unha función dos bolechas.



6/06/2009

LETRAS GALEGAS

Este ano decidimos investigar sobre a orixe das letras galegas e tamén, nos interesamos en coñecer cales foron os escritores/as homenaxeados. Coa información obtida elaboramos murais que logo, expusemos polos corredores.


5/16/2009

DÍA DO LIBRO

Co gallo do día do libro, organizouse unha exposición co tema "Diversidade do libro". Presentábanse libros de diversos materiais, tamaños, formas, linguas,...



5/12/2009

CANCION DA BIBLIOTECA


A autora Carmen Gil compuso e canta esta canción da biblioteca escolar.

5/10/2009

O ENTROIDO


Este ano o entroido adicámolo a "épocas da historia".Investigamos como vivían as xentes da idade media, os vikingos, os prehistóricos...e como colofón do noso proxecto, a festa do entroido, cada un dos grupos disfrazouse das personaxes de cada etapa histórica, estudada.







Aquí vos mostramos os nosos disfraces.